POIO> A partir deste mércores, todos os comercios galegos deberán pechar as súas portas ás 18:00 horas. Unha medida similar a que xa adoptaron hai uns días no Concello de Poio. Os establecementos adheridos á Asociación de Empresarios deste municipio decidiron adiantar o seu horario de peche voluntariamente.
A Xunta de Galicia anunciou hoxe novas medidas que afectan directamente aos comerciantes galegos. A partir deste mércores todos os establecementos non esenciais deberán pechar as súas portas ás 18:00h da tarde. Esta medida non chega de imprevisto ao Concello de Poio, onde os empresarios decidiron adiantar voluntariamente o horario de peche dos seus negocios.
A Asociación de Empresarios EnPoio é consciente da perda económica que supón adiantar o horario de peche, así e todo, eles están convencidos de que esta medida será positiva a longo prazo.
Esta iniciativa tivo tanto éxito no Concello que incluso moitos dos negocios que non formaban parte da Asociación de Empresarios EnPoio quixeron unirse.
Os empresarios de Poio téñeno claro, o primeiro é a saúde e todo é cuestión de adaptarse.