O Concello de Poio suspende o pago de taxas ata que remate o estado de alarma

POIO> O Concello de Poio garante a suspensión de taxas mentres dure o estado de alarma. Así o confirmou hoxe o alcalde.

En concreto, o goberno municipal paraliza o pago de impostos como o IBI, o de vehículos ou o de auga e lixo. Nestes dous últimos, Luciano Sobral fixo fincapé en que aínda que as empresas concesionarias si elaboren os padróns, o Concello manterá o aprazamento dos pagos. Ademais, o tripartito estuda xa novas fórmulas de cara ao futuro. Entre elas destaca a de aplicar o fraccionamento unha vez superado o estado de alarma ou o de ampliar períodos de cobro. A hostalería será outro dos sectores onde o goberno local poñerá o foco de cara á recuperación económica.