Alugar en Pontevedrá é difícil. A Boa Vila ten moita demanda e pouca oferta

Pontevedra> Alugar  en Pontevedra non é una tarefa doada nos últimos meses. Segundo axentes inmobiliarios a oferta na Boa Vila é escasa e a demanda moi alta. As zonas máis solicitadas son o centro da cidade, a Avenida de Vigo e a zona da Parda. Os prezos dos alugueres van dende os 400 aos 700 euros, todo depende do número de habituacións e dos servizos que ofreza cada piso.

Moita demanda e pouca oferta, esta é a realidade coa que día a día se atopan as inmobiliarias da Boa Vila. O que significa que xa a comezos deste 2018 podemos afirmar que alugar en Pontevedra é una tarefa difícil.

Aínda que os hai afortunados que mercaron no seu momento e non están na procura dun piso.

E outros que tiveron sorte e atoparon un piso rápido e ben de prezo, algo pouco habitual.

O que máis se demanda á hora de alugar é unha decoración moderna e ben situado.

As zonas máis demandadas na actualidade son o centro da cidade, a Avenida de Vigo e a zona da Parda, nesta zona sobre todo funcionarios. Pero dende as inmobiliarias teñen claro que un piso que estea en bo estado se aluga sen problema en Pontevedra.

Os prezos para o aluguer dun piso en Pontevedra están entre os 400 e os 700 euros. Se están na procura dun piso tampouco desesperen, busquen con tranquilidade que seguro que atopan o que precisan.