Adxudicado provisionalmente o servizo de guindastre de Ribeira

    RIBEIRA> O concello de Ribeira contará cun servizo propio de guindastre. O executivo adxudicou hoxe mesmo o servizo á empresa ribeirense Transportes Kiko. Trátase dunha adxudicación provisional á espera de que se convoque o concurso definitivo. Tralas numerosas queixas presentadas polos veciños, o concello de Ribeira decidiu convocar un concurso provisional para contar cun servizo propio de grúa. Ata o momento, o municipio non dispoñía de guindastre cos numerosos prexuízos que ocasionaba carecer deste servizo, que dependía dunha empresa localizada na comarca do Salnés. O proceso para a adxudicación provisional, ó que se presentaron dúas empresas, concluíu hoxe coa adxcudicación á fima Trasportes KIko que comezará a prestar o servizo a mediados da próxima semana.  A concesión realizarase por tres meses co obxectivo de dar cobertura á demanda do servizo de xeito puntual. Unha vez concluída está prevista a adxudicación definitiva para contar cun gundastre de xeito permanente.