POBRA> O domingo 27 de agosto disputarase a 14 edición da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal.
Trátase dunha cita xa consolidada no calendario de eventos da localidade e que, ademais, conta co apoio doutros organismos como a Deputación da Coruña e da mancomunidade Barbanza Arousa, ó formar parte do Circuíto Provincial de Carreiras Populares e do Circuíto de Carreiras Populares do Barbanza Arousa ‘4 carreiras, 1 meta’.
A proba estará aberta a tódalas categorías dende sub-6 a veteranos, incluíndo ademais a modalidade da zapatilla inclusiva.
Arrancará as once menos cuarto da mañá, desenvolvéndose por un circuíto urbano idéntico ó da edición do ano pasado, con saída dende a rúa Fernández Albor.
As inscricións para poder participar na proba seguen abertas ata o vindeiro 24 de agosto a través da páxina de emesports.
Agárdase unha participación próxima ós setecentos participantes sumando tódalas categorías.