BOIRO> Por terceiro ano consecutivo Boiro converterase en sede do Campionato de España de Duatlón. A principal novidade do campeonato nesta edición será a incorporación do relevo mixto, disciplina que se estreará como olímpica nos xogos de Tokio. Boiro reúne as características ideais para a práctica deportiva. Están firmemente convencidas as federacións galega e española de Triatlón que volven apostar por este concello para acoller o Campionato de España de Duatlón. Disputarase a fin de semana do dez e once de marzo . O sábado terá lugar o campionato por clubs cun cento de equipos e mil seiscentos deportistas mentres que o domingo resérvase para o recentemente incorporado relevo mixto. O alcalde de Boiro agradeceu a confianza depositada no concello polos organizadores con este evento que, ademais de promover o deporte, supón un importante pulo dinamizador a nivel turísitico e económico.
Inicio BARBANZA