O Festival Pampallín de Outes recupera o rito do lume

OUTES> Outes acollerá o vindeiro 30 de abril unha noca edición do Festival Pampallín. Tres grupos integran o cartel deste evento que, na súa vixésimo cuarte edición’, aposta pola música galega en vivo.

Mondra, the Rapants e Lontreira compoñen o cartel do Festival Pampallín que se celebrará na Praza de Galicia de Outes o vindeiro 30 de abril. Os concertos darán comezo ás dez da noite, pero xa ante, a partir das cinco, terá lugar o Pampallín Miúdo para os máis pequenos, con inchables, xogos tradicionais e pasarrúas.

Ademais da proposta musical, o concello busca recuperar a tradición vencellada ó pampallín para a bendición das labores agrícolas con ritos ancestrais.

O concello desenvolverá un obradoiro nas próximas semanas para a preparación do rito do lume no que colaboran numerosas entidades culturais e sociais do municipio.