Remata con éxito o Curso básico de cociña en Porto do Son

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son remata con éxito un curso básico de cociña. A inicitiva, na que viñeron participando unhas quince persoas, contou co financiamento da Obra Social de ‘La Caixa’.

as instalación do viveiro de empresas, o mesmo lugar no que se desenvolveu o curso básico de cociña, foi o lugar escollido para a súa clausura. Trátase dunha acción formativa, de 44 horas de duración, na que viñeron participando unhas quince persoas. A iniciativa promovida polo Concello contou co financiamento da Obra Social de ‘La Caixa’. O acto de clausura estivo presidido polo propio alcalde, Luís Oujo, quen destacou a importancia deste tipo de accións formativas de cara a súa inserción no mercado laboral, nun sector ademais cunha elevada demanda no municipio e por extensión na comarca.

Durante o curso, dirixido polo prestixioso cociñeiro Miguel Mosteiro, as perdoas participantes puideron formarse na manipulación e conservación dos alimentos, así como na preparación de múltiples receitas. E como non podía ser doutro xeito, o acto de clausura rematou precisamente cunha degustación de varios pratos elaborados polo alumnado do curso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí