Patrimonio autoriza o proxecto reformado por Costas para a fachada marítima de Noia

NOIA>  comisión de Patrimonio informou favorablemente a modificación do proxecto da fachada marítima de Noia. O visto bo da Dirección Xeral supón o pulo definitivo desta actuación que podería saír a contratación nos próximos meses. Finalmente, instalarase unha estrutura voada sobre o malecón con anclaxes metálicos sobre o actual muro. Suporá ademais unha mellora da accesibilidade peonil e da circulación rodada. Pola súa banda, o alcalde solicitou unha xuntanza cos responsables de Portos de Galicia, encargados de executar un treito da obra entre o Peirao do marqués e o Malecón de Gasset. Para evitar problemas con Patrimonio, trasladáronlle os detalles do proxecto modificado por Costas co fin de que adopten as mesmas solucións técnicas e estéticas. Nesta xuntanza abordaron tamén a segunda fase da dragaxe da ría que podería estar en marcha este verán.  A intención do executivo é que se realice mediante unha bomba dende terra para evitar a introdución das escavadoras na ría.rÍA