Outes convoca diversas axudas de carácter social

OUTES> Coa finalidade de axudar a aquelas familias do municipio que precisen equiparse dixitalmente, o Concello vén de sacar unha liña de axudas no ámbito dos Servizos Sociais.

Poderán solicitalas alumnos de tódolos niveis, dende infantil á Universidade. As achegas poderán ser ata un máximo de 350 euros por beneficiario.

Por outra banda, o Concello tamén sacou outra liña de axudas neste caso destinada a promoción da autonomía persoal e a mellora da accesibilidade.

Nos dous casos, o prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o vindeiro 29 deste mes de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí