Reabren o caso pola desaparición de Sonia Iglesias e rexistran unha casa da súa parella

PONTEVEDRA> Reaberta a causa xudicial da desaparición de Sonia iglesias. Hoxe rexistraron unha vivenda de Julio Araújo, parella da pontevedresa, situada ao lado da capela de San Mauro. Araújo estivo presente en todo momento durante o rexistro, que se centrou en tres escenarios: o pozo da casa, a fosa séptica e un burato que cavaron na finca.

Ás 9 e media da mañá comezou o rexistro na casa da familia de Julio Araújo; unha vivenda situada ao lado da capela de San Amaro, na que viviu hai anos con Sonia Iglesias.

Non é a primeira vez que realizan un rexistro nesta casa. No seu momento atoparon unha arma antiga que investigaron e descartaron no proceso desta investigación. O que chama a atención deste rexistro é que a causa pola desaparición de Sonia Iglesias foi arquivada en abril de 2015.

Neste proceso estiveron presentes ao longo da xornada a Unidade Especial da policía científica do laboratorio de investigacións especiais. Por aquí tamén pasaron ao longo da mañá, tres camións de bombeiros e o comisario da policía nacional de pontevedra, que estivo presente pola mañá e volveu pola tarde.

Fontes xudiciais confirman que a causa está reaberta. de momento a información qeu temos é que hai tres focos de investigación: fosa séptica, un pozo e un burato que cavaron da finca onde intenta buscar pistas sobre o paradoiro da pontevedresa desaparecida no 2010.

Tamén realizaron un rexistro do interior da casa. Do interior a Policía sacou numerosas caixas e bolsas. O rexistro comezou ás 9 e media e en todo momento estivo presente Julio Araújo, que segundo fontes xudiciais colaborou coas pesquisas permitindo o acceso á vivenda.

Tras un parón ao mediodía, os axentes retomaron os rexistros ao redor das 5 da tarde. Unha vez máis, Araújo estivo presente, acompañado das súas irmás. As buscas na finca e no interior da vivenda prologáronse durante toda a tarde.