Máis de 30 usuarios maniféstanse polo abandono do ximnasio da Piscina Municipal de Vilagarcía

VIALGARCÍA> Os usuarios do Complexo Deportivo Piscina Concello de Vilagarcía maniféstanse polo abandono que sofren as instalacións. O motivo das súas protestas é o mal estado da maquinaria do ximnasio. A empresa concesionaria asegura que non investirá en novos materiais mentres non se renove a concesión.

Máis de 30 usuarios do Complexo Deportivo Piscina Concello de Vialgarcía manifestáronse enfronte as instalacións para reclamar polo abandono no que se atopa o ximnasio. Segundo as súas queixas, as máquinas son moi antigas e a maioría non funciona.

Con esta denuncia pública, os afectados, piden que tanto o concello como Serviocio, a empresa que xestiona o servizo, busquen unha solución e melloren as instalacións.

Dende Serviocio recoñecen que as máquinas non están no seu mellor estado e que están pendentes da renovación da concesión para investir en materiais novos.

Tanto a empresa como o concello xa comezaron as conversacións para a publicación dunha nova concesión pero aínda non hai datas. Pola súa parte os usuarios esperan que atendan as súas queixas e non ter que seguir manifestándose.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí