Meis amosa a súa cara máis solidaria no quinto Solifesti buscando fomentar a doazón de medula

MEIS> Éxito rotundo da quinta edición do Solifesti, o festival solidario impulsado dende o colexio do Mosteiro. Este ano un dos protagonistas foi Ángel Lodeiro, pai dunha alumna do centro que foi diagnosticado de leucemia. A cita aproveitouse para concienciar fronte ao cancro e, en concreto, a leucemia. Tamén para recadar fondos para as asociacións Asotrame e Josep Carreras e para o banco de alimentos de Meis e Portas.