Os afectados pola EDAR de Ribeira seguen a convivir cos malos cheiros

RIBEIRA> Nova xuntanza da comisión de seguimento da EDAR de Ribeira para abordar as actuacións que está a acometer ACUAES para minimizar os problemas derivados das deficiencias nesta instalación. A intención da empresa é licitar en abril as obras de mellora nos tanques de tormenta na Ameixida, A Revolta e Os Areeiros. A directora territorial de ACUAES, Isabel Pérez-Espinosa, e o director de infraestruturas, Jerónimo Moreno, desprazáronse a pasada tarde ata Ribeira para manter unha xuntanza cos veciños afectados pola EDAR. Na reunión da Comisión de Seguimento, á que tamén asistiu o director de Augas de Galicia, o alcalde de Ribeira e representantes de tódolos grupos políticos da corporación, informaron das modificacións que se teñen realizado ata o momento para minimizar as incidencias derivadas do funcionamento da nova rede de saneamento dende a súa posta en marcha. Entre elas, a desconexión de vertidos industriais e a redución dos causais de auga mariña para evitar a emisión de malos olores. Medidas que os afectados consideran totalmente insuficientes posto que, se ben nalgunha zonas como o Touro mellorou a situación, en Castiñeiras seguen a convivir cos frecuentes cheiros e vertidos.  A pesar de que a situación dista moito de estar arranxada, a Valedora do Pobo arquivou a queixa presentada pola plataforma de afectados, decisión coa que os veciños non están de acordo. Tras executar unha primeira fase das melloras, ACUAES ten previsto licitar a segunda fase en abril para concluír no verán as obras de tratamento nos colectores da Ameixida, A Revolta e Os Areeiros. Neste último tamén se comprometeron a mellorar a cuberta vexetal ante as queixas dos veciños.