BOIRO> O Rasca ‘Soldo da túa vida’ da ONCE deixou o pasado martes en Boiro un premio de dous mil euros ó mes durante 15 anos. En total 360 mil euros. O vendedor da ONCE, Brais Martínez, foi o encargado de vender o boleto premiado. Para el toda unha sorpresa…como tamén o foi para o propio gañador…
A pesar de levar pouco tempo coma vendedor da ONCE, Brais xa leva repartido varios premios importantes.
Hoxe, como vén facendo dende hai algo máis de medio ano, continuaba vendendo cupóns na rúa peonil, nun dos seus lugares habituais. Se cadra as vendas estes días aumentan un pouco máis…porque, como di, o feito de dar un premio, sempre atrae a máis clientes…
Sen querer desvelar a súa identidade, si dixo que o afortunado era un dos seus clientes habituais…e vaites ti a saber…ó mellor tampouco estaba tan lonxe.