A Deputación de Pontevedra cancela varios dos seus programas polo coronavirus

PONTEVEDRA> A crise do coronavirus leva á Deputación de Pontevedra a prescindir dalgúns dos seus programas durante este ano. O ente provincial decidiu cancelar, por exemplo, o Depotermal, En Ruta coa Depo ou Depo Aventura A Lanzada. A presidenta provincial indica que estes programas rotamaranse no 2021, tal como estaban previstos ou adaptados á situación sanitaria do momento.

A crise sanitaria da COVID-19 leva por diante parte dos programas da Deputación de Pontevedra deste ano. Ante o risco de contaxios e a imposibilidade de adaptalos ó actual contexto, o ente provincial decidiu suspende-los programas Tecendo Lazos, Depotermal, Depo en marcha, En ruta coa Depo, Depo Aventura A Lanzada, Depodesafío, Depoandainas, Campamentos Deportivos e Conectadas 2020. A intención é retomalos no 2021.

A presidenta entende que neste momento o fundamental é ter prudencia e cautela e poñer por diante a saúde das persoas. Explica que estas cancelacións están apoiadas polos técnicos.

Carmela Silva explica que esta decisión suporá a reorintación de tódalas actividades e programas propios da Deputación para incluírse nunha próxima modificación orzamentaria. Isto significa que cos fondos destinados a estas iniciativas, crearanse outras distintas.

A presidenta provincial aproveitou a súa comparencia para dar a coñece-lo nomeamento de Paula Cabaleiro como directora para a área de cultura da Deputación. Ocupará un posto de persoal directivo con rango de alto cargo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí