Cidadáns Boiro esixe a reparación da rampa de Ancados en Cabo de Cruz

BOIRO>  A través dunha moción presentada ó vindeiro pleno, a formación laranxa reclámalle a Portos unha actuación que  garanta as boas condicións destas instalacións portuarias. Dende Cidadáns Boiro critícase o estado de abandono e a falla de mantemento que presenta actualmente a rampa de Ancados. Segundo o voceiro desta formación, Javier Chouza, as instalacións, que son empregadas con frecuencia por embarcacións de mariscadores, bateeiros e outros profesionais do mar, atópanse moi deterioradas, con numerosas fendas e fochas que dificultan calquera traballo destes traballadores. Unha razón máis que suficiente para solicitar o seu aranxo urxente.