400 estudantes únense en Pontevedra á Folga Mundial polo Clima

PONTEVEDRA> Pontevedra uniuse hoxe á Folga Mundial polo Clima. Unha xornada na que os máis pequenos foron os verdadeiros protagonistas. Preto de 400 alumnos da Rede de Escolas Asociadas da Unesco saíron á rúa para defender o medio ambiente e para reclamar aos gobernos que actúen de inmediato para frear a crise climática.

As rúas de Pontevedra enchéronse hoxe de pancartas. Nas cales podíanse ler mensaxes tan claros e directos coma estes. A capital da provincia uniuse hoxe á Folga Mundial polo Clima e o fixo a través de varios actos. O primeiro, o despregue desta pancarta por parte da corporación municipal e unha concentración fronte ao Pazo Provincial de todos os deputados. A continuación, os estudantes da cidade colleron o mando. Os representantes do Movemento Galego polo Clima presentaron o seu manifesto na Subdelegación do Goberno e a Praza da Peregrina converteuse no epicentro desta xornada. Alí, preto de 400 alumnos da Rede de Escolas Asociadas da Unesco uniron as súas forzas para esixir a todas as institucións que tomen medidas para frear a crise climática.

A pesares da súa corta idade, todos estes rapaces son conscientes de cal debe ser o compromiso de toda a cidadanía e como poden colaborar no seu día a día para salvar o planeta.

Porque eles teñen claro que o futuro está nas súas mans, que non hai planeta B e que ante a emerxencia climática fai falla unha revolución ecolóxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí