O Torneo Internacional de Fútbol Base da Pobra encherá o Barbanza esta fin de semana

POBRA> A organización do Torneo, traballa estes días sen descanso para que, non falte nin o máis mínimo detalle de cara á fin de semana.

O estadio da Alta presentará as súas mellores galas para acoller un campionato que co paso dos anos se está a converter nun dos de mais renome en todo o ámbito nacional.

Nel tomarán parte un total de 39 equipos en categoría alevín, entre os que se atopan as mellores canteiras de fútbol.

E todo grazas ó traballo de Julio Mariño e todo o seu equipo. Un grupo de voluntarios que pon todo o seu empeño nesta cita, que ten ademais un marcado carácter solidario, xa que todo o recadado no Torneo irá a parar á Fundación Aladina.

Dende a organización agradecen ademais o esforzo e a colaboración de numerosas empresas e negocios da comarca que co seu apoio fan posible este Torneo.

Pero ademais de deporte e solidariedade, o campionato representa tamén un pulo económico importante para o comercio e a hostalería de toda a comarca.

Entre as novidades deste ano figura tamén a estrea do novo logo, unha marca que intenta representar a esencia do Torneo, que agardan se converta xa na imaxe representativa que identifique a este Campionato, pero non só iso, o que se busca e que sirva de mensaxe de ánimo para tódolos rapaces que padecen esta enfermidade e para as súas familias.