O concello da Pobra habilitará diversas zonas para o estacionamento durante as festas do Nazareno. estarán operativas entre o venres e o luns para desconxestionar o municipio dado o alto volume de visitantes que se prevé.
No núcleo urbano da Pobra estará disponible o aparcadoiro do Gadis situado no paseo dos Areos, dende o sábado pola noite ata o luns todo o día. Tamén o aparcadoiro da rúa Venecia, San Lázro, a explanada portuaria, o campo da Feira así como nas proximidades do CEP Salustiano Rey Eiras, onde se poderá estacionar en ámbolos dous lados da vía sempre e cando non se obstaculice a circulación. O domingo estará permitido tamén aparcar no interior do recinto do colexio.
Os autobuses que se despracen ata A Pobra durante o domingo co gallo da procesión do Nazareno deberán efectuar a parada na explanada portuaria. Ese día habilitaranse tamén ata as tres da tarde seis prazas para persoas con mobilidade reducida na praza Alcalde Segundo Durán.