O PP solicita un pleno extraordinario para sacar a Boiro da parálise

BOIRO> Os populares critican o feito de que nestes dous anos o equipo de goberno fora incapaz de sacar adiante un presuposto, xerando o impago de facturas a provedores e o retraso en obras tan importantes como a do Club de Remo de Cabo de Cruz ou a última fase do abastecemento de auga a Bealo.

As críticas do Partido Popular van en dúas direccións, tanto para o executivo local, pola súa incapacidade a chegar acordos e sacar adiante o presuposto, como para os seus socios de goberno, aqueles grupos que lle permitiron ós socialistas acceder no seu día a alcaldía, apartando ó PP, a pesar de ser o grupo maioritario na corporación municipal. Para os populares os dous son culpables da situación pola que atravesa hoxe Boiro, de falla de xestión e parálise.

Pero ademais das críticas, o PP tamén lle fai propostas ó executivo, solicitándolle a aplicación da metade do remanente de tesourería do pasado ano que no seu total suma un importe de preto dos catro millóns de euros para axudas ó impulso da actividade económica no municipio, moi castigada pola crise da covid.

Os populares inciden tamén en que outra parte dese remanente sexa destinado ó pago das facturas pendentes a provedores; a entrega das subvencións ós clubs deportivos ou entidades sociais ou a aprobación dun plan de obras municipal que permita tamén poñer fin a varias obras paralizadas como é o caso do abastecemento de auga a Bealo ou o remate do Club de Remo de Cabo de Cruz, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí