O PP propón que as familias monoparentais teñan os mesmos beneficios no IRPF que as numerosas

POIO> O PP propuxo esta mañá unha equiparación fiscal entre as familias de dous fillos e as monoparentais e as familias numerosas. Así o anunciou esta mañá Alberto Núñez Feijóo nun acto celebrado en Poio. Ademais, duplicaranse as deducións no Imposto da Renda a partir do terceiro fillo.

Alberto Núñez Feijóo busca converter a Galicia na primeira comunidade autónoma que conceda ás familias con dous fillos e ás monoparentais os mesmos beneficios no IRPF que teñen a día de hoxe ás familias numerosas. Esta equiparación traducirase nunha dedución de 250 euros no tramo autonómico da cota íntegra do Imposto da Renda.

Esta medida complementarase con outra iniciativa. O PP anunciou hoxe que duplicará a desgravación no Imposto da Renda ás familias numerosas.

Neste acto celebrado esta mañá en Poio, Alberto Núñez Feijóo quixo facer un repaso das medidas implantadas nos últimos anos e dirixidas ás familias galegas.

Entre os obxectivos que os populares se marcan de cara á vindeira lexislatura, destaca o de rematar cun ratio de cobertura de prazas públicas en escolas infantís do 66%, o dobre do que recomenda a Unión Europea. Por último, Feijóo quixo centrarse tamén nas persoas maiores e propuxo a posta en marcha dunha Estratexia de atención á soidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí