PONTEVEDRA> Que mellor plan para despois dunha xornada de sol e praia que desfrutar da boa gastronomía e coctelería nunha terraza. A piques de comezar o mes de agosto, os chiringuitos convértense nos lugares máis demandados. E entre eles destaca cada ano o chiringuito de Sinás, en Raxó. Un espazo a pé de praia onde relaxarse, descansar e, incluso, gozar da mellor música en directo.
Vistas ao mar, gastronomía, coctelería e ata música en directo. Esa é a receita perfecta para desfrutar do verán. E todo isto é o que ofrece este chiringuito de Sinás. Considerado un dos mellores chiringuitos de España, este espazo é o lugar ideal para descansar e relaxarse durante esta época estival.
O que naceu como unha idea entre amigos foi crecendo ano tras ano ata converterse nun referente.
Este chiringuito é xa unha parada obrigatoria para moitos. Ademais de contar cunhas inmellorables vistas e cunha gran oferta gastronómica, este establecemento organiza tamén concertos durante todo o verán.
Xa o saben, se este mes de agosto decidides quedarvos polas Rías Baixas, non perdades a oportunidade de visitar este espazo paradisíaco.