O Barbanza secunda a folga con paros en tódolos sectores e servizos públicos

RIBEIRA> Esta foi a imaxe máis repetida ás portas dos principais centros de traballo do barbanza. A partir das doce da mañá, ducias de traballadoras apoiadas en moitos casos tamén por compañeiros, pararon a súa actividade e concentráronse diante das empresas para visibilizar o seu apoio á folga. Sectores estratéxicos na comarca , como a conserva, viron tamén afectada a súa actividade dado o alto índice de mulleres que traballan nestas factorías. Precisamente esa precariedade está detrás de moitas traballadoras que, a pesar de querer secundar a folga, non puideron. Por todas elas, a marea violeta inundou o país durante toda a xornada como primeiro paso do camiño cara unha igualdade real.