Pontevedra> O secretario xeral do PSdeG-PSOE visitou esta mañá Pontevedra e reuniuse coa Xunta de Persoal do Hospital. Gonzalo Caballero criticou duramente a nova lei de saúde pública que, previsiblemente, o PP aprobará no Parlamento o vindeiro martes. Unha lei, que segundo Caballero, trae consigo un enorme retroceso nas políticas sanitarias para Galicia.
O secretario xeral do PSdeG- PSOE estivo hoxe en Pontevedra onde mantivo unha reunión coa xunta de Persoal do Hospital. Gonzalo Caballero dixo que esta visita se debe a que o seu partido están marcando a axenda de prioridade social en Galicia centrada na Sanidade pública.
Caballero sinalou que esta nova lei de saúde pública trae consigo o peche de camas, a precariedade do persoal sanitario, menos dotacións médicas e a eliminación das prioridades do sistema sanitario galego.
Caballero considera que Feijóo debe ratificar e non aprobar esta nova lei de saúde pública o vindeiro martes no Parlamento Galego, polo ben da Sanidade. Con esta Lei o Goberno do PP, dixo o líder dos socialistas, está apostando polo detrimento da sanidade pública galega.
Caballero confirma que de saír adiante esta nova lei de saúde pública galega, o PP estaría apostando por un retroceso deste sistema, un retroceso da sanidade para Pontevedra e para o resto de Galicia.