O marisco e o bacallau con coliflor, os reis da mesa nesta Noiteboa

CAMBADOS> Estamos en Noiteboa. A esta hora, moitos de vostedes sentan á mesa para gozar da cea deste noite tan especial. As prazas de abastos e os mercados foron nesta xornada un ir e vir de xente na procura dos mellores produtos. O peixe e o marisco, como manda a tradición, do máis demandado.

A Noiteboa enche de manxares as nosas mesas. Quen máis e quen menos aproveita para saírse un pouco do menú habitual e agasallar ós seus cunha paparota que marque a diferenza.

O tradicional esta noite é o bacallau con colifror.  Unha opción que, ademais, non deixa pegada na carteira. Soe andar polos 10-15 euros.

Pero o rei de reis é o marisco. Este ano, as vendas víronse marcadas polo mal tempo. A cadea de temporais provocou escaseza en moitos produtos e, ademais, unha suba desorbitada dos prezos. E logo de tanto produto do mar, algo de carne. O cordeiro e os capóns, do preferido para esta noite.

E despois do marisco, peixe e carne, sobremesa. Os turróns, mazapáns, polvoróns, pasas, figos e demais familia tampouco han faltar esta noite en ningunha casa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí