Os tribunais continúan apoiando as reclamacións dos retornados

VILAGARCÍA> Mes a mes os emigrantes retornados do Salnés acumulan boas novas na súa loita. Dende a última concentración, xa acumulan tres novas sentenzas ao seu favor. En total, xa son 26 nas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia posiciónase do seu lado contra a Facenda.

Os emigrantes retornados do Salnés volveron esta mañá á Axencia Tributaria de Vilagarcía. O colectivo non perde pulo na súa loita contra o goberno do estado e a Facenda. Un esforzo que están a ver recompensado co posicionamento dos tribunais.

Dende o pasado mes suman tres novas sentenzas ao seu favor. En total, xa son 26 as veces nas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se posicionou ao seu favor e, polo tanto, en contra de Facenda.

Esta mañá os emigrantes destacaron a soidade que viviron durante as súas mobilizacións. Por iso agora alégranse das mobilizacións que nas últimas semanas están a protagonizar os pensionistas, que comezan a saír á rúa para defender os seus dereitos.

Do que está convencida a Plataforma é de manter o pulso para reclamar un trato máis xusto por parte da Administración central.