Confinadas en Londres

PONTEVEDRA> Reino Unido foi un dos países que máis tardou en implantar medidas para tratar de frear a crise do coronavirus. Por iso, foron moitas as persoas que decidiron comezar o confinamento moito antes de que Boris Johnson cambiase a súa estratexia. Hoxe falamos con dúas galegas que están a pasar esta corentena en Londres.

O 23 de marzo Boris Jonhson cambiaba a súa estratexia e endurecía as medidas en Reino Unido para paliar a crise do coronavirus. Sen embargo e, tras ver o que estaba acontecendo noutros países, gran parte da cidadanía decidira confinarse moito antes. Un exemplo son elas. Dúas galegas que están a pasar a corentena en Londres.

As medidas tomadas en Reino Unido son menos restritivas que as tomadas polo Goberno español. Os británicos teñen permitido, por exemplo, saír a rúa para facer deporte.

E aínda que Andrea Lago e Ana Jiménez están pasando este confinamento lonxe da súa casa parece que as súas rutinas son moi parecidas ás que estamos a ter aquí. O deporte e a cociña son os grandes entretementos desta corentena.

A gran diferenza entre os galegos que pasan a corentena nas súas casas e os que teñen que pasala lonxe é que mentres uns están desexando saír da súa casa, outros están desexando volver para estar coa súa familia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí