CAMBADOS> A estrutura do solo, a súa composición e a súa fertilidade son aspectos fundamentais para o correcto crecemento dunha vide. En Cambados, organizan mañá unha xornada técnica centrada nas necesidades da terra na que se practica a viticultura. A entrada é libre ata completa-lo aforo.
Son múltiples os factores que inflúen para un óptimo crecemento da vide e moitos deles atopámolos baixo a terra: a composición do solo e a súa fertilidade son determinantes para levar a cabo unha viticultura moderna, sostible e de calidade.
En Cambados, organizan mañá unha xornada técnica centrada, precisamente, na estrutura do solo e nas súas necesidades de fertilización.
O correcto tratamento do solo fomenta tamén a lonxevidade da vide, ó tempo que evita moitos males para a plantación. Os expertos lembran que son moitas as ameazas que poden danar unha boa colleita, polo que o mellor é tentar atallar canto antes cantos máis, mellor.
A xornada vai estar impartida polo enxeñeiro agrónomo Enrique García Escudero. Está programada para mañá ás 7, no Parador de Cambados. Para o goberno local, que patrocina a iniciativa.