Pontevedra> Dende a Platafoma Sos Sanidade de Pontevedra ven con certo escepticismo o anteproxecto do Gran Montecelo. Dende esta entidade non cren, de momento, neste proxecto nin nas súa garantías públicas, co cal seguirán coas súas mobilizacións en favor dunha sanidade pública e de calidade en Pontevedra. A vindeira terá lugar o venres 13 ás 20:30 diante do Hospital Provincial.
Dende a Plataforma SOS Sanidade fixeron esta mañá balance da presentación do anteproxecto do Gran Montecelo que o conselleiro de sanidade e o presidende ta Xunta de Galicia realizaron nesta semana en Pontevedra. Dende esta entidade reciben como boa nova que se recoñeza que a mellor opción para a Sanidade de Pontevedra é unha ampliación de Montecelo, en segundo termo, critican que este proxecto non se levase a cabo dende hai 8 anos, en terceiro termo a plataforma quere amosar o seu escepticismo ante este proxecto, en cuarto termo dende esta plataforma desacataron as numersoas imprecisións do anteproxecto, como por exemplo se o párking será público ou privado.
E tamén cal será o futuro do actual Hospital Provincial. T
E como conclusións, que ata que haxa informacións máis directas e concretas dende esta plataforma seguirán con mobilizacións co fin de que se garanta unha sanidade pública e de calidade.
A vindeira mobilización terá lugar este venres día 13 ás 20:30 diante do Hospital Provincial de Pontevedra.