O Goberno Local aposta “por un gran arquivo” no antigo edificio de Facenda

Pontevedra> O Ministerio retira do Mercado a vella sede de Facenda ante a imposibilidade de vendela. Para o concello é unha boa nova, agardan que se poidan poñer dacordo co novo Goberno Central e sacar adiante un proxecto conxunto. Pontevedra segue apostando por un gran arquivo provincial neste histórico inmoble da Boa Vila.

O Ministerio retira do mercado a vella sede de Facenda ante a imposibilidade de vendela. O Goberno Central recoñece que a cualificación urbanística do vello edificio da praza da Ferrería impide calquera operación para vendelo. Trátase dun inmoble que leva casi 5 anos sen actividade. Dende o Goberno Local acollen de xeito positivo esta nova coa esperanza de que poidan retomar, xunto co Goberno Central do PSOE, un proxecto conxunto para este espazo.

Os veciños de Pontevedra din que non está nas súas competencias o futuro deste inmoble pero os que se animan a valorar o seu posible uso apostar polo turismo ou por unha residencia de maiores.

Sexa cal sexa o futuro deste inmoble o que si que está claro é que o novo dono se enfrontraría a unha remodelacuión millonaria. Segundo algúns estudos, a rehabilitación do inmoble para adecuar o edificio suporía unha inversión que non baixaría dos 5 millóns de euros.