O albariño xa reina en Cambados

CAMBADOS> O albariño Rías Baixas xa reina en Cambados. Este mediodía arrincou a septuaxésimo primeira edición dunha das festas máis populares, agardadas e multitudinarias de Galicia. Tralo pregón, a cargo da compañía de teatro Caracol, o Paseo da Calzada converteuse nun fervedoiro de xente disposta a gozar dunha intensa fin de semana.

A xornada comezou con chuvia pero á 1 do mediodía o sol pegaba con forza na Praza do Concello de Cambados. Todo estaba listo para dar comezo a unha nova edición da Festa do Albariño.

A compañía de teatro Caracol foi a encarga de dar o pregón. Os seus membros ocuparon todas as fiestras da primeira planta do concello. Houbo introdución musical, unha pequena representación, moito humor e tamén emoción.

O pregón deu paso ao tradicional corte de cinta para inaugurar un Paseo da Calzada xa ateigado de xente. Porque do que ninguén dubida xa é do poder de convocatoria dunha das festas máis populares, agardadas e multitudinarias de Galicia.

Se o viño albariño é o protagonista indiscutible desta cita, tamén o é o sector vitivinícola das Rías Baixas. Ata 43 adegas estarán ata o domingo 6 no Paseo da Calzada ofrecendo ao público as súas elaboracións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí