Pontevedra> Trala calma, de tres días, chegou de novo a tempestade. A chuvia aterrou de novo en Galicia para quedarse, alo menos durante os vindeiros 7 días. As procesións correrán perigo de suspenderse na Boa Vila, iso si, dende a organización teñen claro que non tomarán esa decisión ata as 17:00 da tarde de cada día, hora onde se reúne a Xunta de Confrarías.
A Semana Santa comezou con bo pe, con tempo seco, e incluso en ocasión soleado, pero tras tres días de tempo estable parece que a inestabilidade volve a situarse en Galicia. Os días grandes da Semana Santa chegarán pasados por auga, polo tanto dende a Xunta de Confrarías afrontan estes días con paciencia e tranquilidade.
A decisión de suspender a procesión tomarase no propio día, trala reunión que ás 17:00 manteñen a Xunta de Confrarías.
O que teñen claro dende a organización desta Semana Santa é que se chove a procesión non sairá.
Se o tempo o permite quedan por diante moitas procesións, mañá xoves santo, ás 20:00 sairá da Basílica de Santa María a Procesión dos Pasos. O venres ás 9 da mañá terá lugar El Encuentro, que se realizará como cada ano na Praza do Teucro, e xa pola tarde, ás 20:00 terá lugar a procesión do Santo Entierro que sairá ás 20:00 da Basílica de Santa María. E xa para a rematar domingo terá lugar a procesión do Encontro de Jesús Resucitado con su madre, unha cita que terá lugar ás 20:00 e cuxo encontro producirase na Praza da Ferraría.