Ata o 8 de abril poden visita a exposición Rompe. Xoga en Igualdade

Pontevedra> A presidenta da Deputación inaugurou esta mañá, no vestíbulo do Pazo Provincial, a exposición Rome. Xoga en Igualdade. Unha mostra, que segundo Carmela Silva, nace co obxectivo de loitar contra as inxustizas, para rachar contra a desigualdade e construír un mundo mellor e máis igualitario. Unha exposición, que non deixará a ninguén indiferente, e que poderán visita ata o 8 de abril neste edifico da administración provincial.

A presidenta da Deputación inaugurou esta mañá a exposición Rome. Xoga en Igualdade. Unha mostra que ten como fin denunciar todas as inxustizas que ten que vivir a día de hoxe a muller na sociedade actual, unha mostra que loita pola igualdade.

Nesta exposición, as artistas da mesa Isabel Blanco e Irene Silva, tratan de amosar  as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que sofren as mulleres ao longo da súa vida dende o momento no que nacen. Unha discriminación que se plasma a través de 18 paneis e vitrinas e coa barbie como protagonista.

Unha mostra, que Carmela Silva, cualificou de vangardista, rompedora, provocadora. Unha mostra que non deixará a ninguén indiferente e que poderán visitar ata o 8 de abril no vestíbulo do Pazo Provincial. A partir do 8 de abril, esta mostra itinerante, pasará por todos os concellos da provincia que  o desexen e soliciten.