O mal tempo deixa unha ocupación do 68,3% nas Rías Baixas durante a Semana Santa

Pontevedra> Un 68.3 por cento de ocupación, eses foron os resultados que nos deixou esta Semana Santa. Datos máis positivos do estimado, un 62 por cento, pero moi por debaixo dos resultados do pasado ano, onde chegamos a un 85 por cento de ocupación. A presidenta da Deputación ten claro que o mal tempo tivo as súas consecuencias en canto ao turismo se refire.

O mal tempo fixo que os datos do turismo nas Rías Baixas e na Semana Santa non fosen excelentes, e se sitúen nunha ocupación media do 68,3 por cento fronte ao 85 por cento que se acadou nas mesmas datas no pasado ano.

Por comarcas o Salnés acadou unha ocupación do 58,13 por cento e Pontevedra, a gran beneficiaria nesta Semana Santa, chegou a unha ocupación do 83,5 por cento.

En canto o turismo rural os resultados da pasada semana foron dunha ocupación media do 47,42 por cento. Pese a que os resultados na Semana Santa sexan peores que no pasado ano, o mes de marzo, en xeral deixou unha ocupación media do 43 por cento, fronte ao 40 do pasado ano.