O CIM de Poio mellora as súas instalacións do Pazo Besada cunha achega da Xunta de 16.500 euros

POIO> O Centro de Información á Muller do concello de Poio fai seu o espazo que ocupa no Pazo Besada. Dende hai case un ano, este servizo se ofrece dende este inmoble, que comparte cos departamentos de Servizos Sociais e Xuventude. Recentemente recibiu unha axuda de 16.500 euros que lle permitiu avanzar na súa posta a punto, mercando mobiliario e equipos de informática.

No mes de abril cumprirase un ano dende que o Centro de Información á Muller do concello de Poio trasladou as súas dependencias ao Pazo Besada.

Dende a primeira planta do edificio continúan a ofrecer os seus servizos aos centos de usuarias que precisan recorrer a eles. Unha atención que poden prestar incluso de xeito máis áxil, xa que agora comparten instalacións co departamento de Servizos Sociais do concello.

Para mellorar as instalacións, o CIM recibiu unha achega da Xunta de Galicia. Foi de algo máis de 16.500 euros que se destinaron á compra de mobiliario e de equipos de informática.

Reguera destacou que esta axuda para a rehabilitación e mellora do equipamento dos CIM conta cun orzamento para toda Galicia de máis de 760.000 euros. Na provincia de Pontevedra investíronse preto de 242.000 euros para estes fins, dos cales máis de 52.000 corresponden a Centros de Información á Muller da área de Influencia de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí