O PSOE considera que os PGE son un fraude para Pontevedra

Pontevedra > Análise ben distinta, a realizada destes presupostos xerais, dende das filas socialistas. Maica Larriba e Guillermo Meijón dixeron que estes orzamentos son un fraude para a cidade de Pontevedra é para a provincia. Os socialistas consideran que se trata de partidas repetitivas ano tras ano, partidas, das que dixeron, que nunca se converten nunha realidade.

Dende o PSOE téñeno claro, non vai a apoiar estes orzamentos xerais do Estado, a secretaria xeral do PSOE en Pontevedra e o deputado nacional analizaron estas contas para a cidade e provincia, unhas contas que segundo Maica Larriba castigan duramente á Boa Vila.

Guillermo Meijón ten claro que estes presupostos xerais son un fraude para Pontevedra.

E non soamente para Pontevedra senon que tamén o son para a toda a provincia.

Dende as filas socialistas dixeron esta mañá que se porán a traballar canto antes nas emendas a estes orzamentos co fin de das resposta a todas as necesidades das pontevedresas e pontevedreses na actualidade.