Poio estreará en San Xoán a súa propia danza branca

POIO> O concello de Poio contará coa súa propia Danza branca. Un baile tradicional que será propio da vila e que se presentará ao público durante o pregón das festas de San Xoán. O novo goberno destaca que serán unha festas tradicionais e máxicas e que nas vindeiras datas anunciarán diferentes novidades que serán iniciativa do equipo de Ángel Moldes.

O concello de Poio celebrará do 22 ao 26 de xuño ás festas de San Xoán. Unha celebración que este ano contará cun acto especial para a vila. O día do pregón, o grupo Máis Cantos presentará a danza branca de Poio. Un baile tradicional que será representado pola muiñeira de Poio e Foliada de Campelo.

Dende Poio sinalan que o poder contar cunha danza propia é un fito histórico para a vila.

O concello tamén destacou as festas manterán a súa ligazón coa tradición.

Aínda que o goberno de Ángel Moldes acaba de comezar a súa andadura, o novo alcalde adianta que as festas contarán con iniciativas propias.

Ao marxe da tradición, a festa contará con verbena do venres ao luns. O día 23 actuará a orquestra Marbella, o sábado Gran Parada e Ritmo Joven, domingo Panamá e o Combo Dominicano e pecharán o festexo Olympus e Os Satélites.