Pilar Rojo “o PP presenta os Presupostos máis sociais da historia de España”

Pontevedra> O PP Provincial analizou esta mañá os Presupostos Xerais do Estado para este 2018. Unhas contas que cualificaron como as máis sociais da historia de España. En relación á provincia, dende as filas populares destacaron os 53 millóns de euros en investimentos dende os diferentes ministerios, e os 97 millóns destinados a organismos autónomos.

Dende o PP Provincial fixeron esta mañá balance dos Presupostos Xerais do Estado, aínda que máis que un análise das partidas para a provincia fixeron unha análise das contas xerais. Para a deputada popular Pilar Rojo estas contas son as máis sociais da historia de España, onde dixo 7 de cada 10 euros de destinan a política social. Ademais a deputada tamén quixo destacar os investimentos que se realizan na provincia neste 2018.

O deputado Tomás Fole dixo cales eran as bases destes orzamentos xerais que traen consigo melloras para as familias e clase media, os empregados públicos, os mozos e os pensionistas.

Con estas contas sobre a mesa, o PP pediu en Pontevedra, o apoio dos partidos da oposición para conseguir aprobar estes presupostos xerais, o que consideran a ferramenta máis importante dun Goberno para fixar a súa política económica e social.