Afrontar a vida coas mesmas oportunidades, esa é a petición que formulan dende o Secretariado Xitano para este 8 de abril

Pontevedra> Dende o edifico do Concello da Praza de España xa pendura dende hoxe a a bandeira xitana con motivo da celebración o domingo 8 de abril do Día Internacional do Pobo Xitano. A Fundación Secretariado Xitano formulou nesta xornada ao alcalde unha petición que Pontevedra asuma o decálogo de Cidade Cero, aquela na que os xitanos enfrontan a vida coas mesmas oportunidades que os non xitanos.

O próximo domingo 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano e dende hoxe a súa bandeira pendura do balcón da Casa Consistorial. Un xesto que ten como fin, segundo o alcalde, visibilizar o compromiso do  concello coa diversidade, a integración e a inclusión.

Dende a Fundación Secretariado Xitano reciben cos brazos abertos este tipo de inciativas, xa que teñen claro que hai moito camiño por percorrer en canto a igualdade dos xitanos na sociedade actual.

Fran, forma parte do programa de inclusión laboral, Aprender Traballando, e a mensaxe que envía nesta xornada é que a él gustaríalle que se lle xulgase, a hora de atopar un traballo, do mesmo xeito que a unha persoa que non é xitana, polos seus coñecementos .

16 mozos xitanos forman parte deste programa, aprender traballando,  que ten como fin loitar pola inclusión laboral do pobo xitano na sociedade actual.