O PP presentará unha moción na deputación para apoiar aos traballadores de Ence

POIO> O PP de Pontevedra mobilízase en Poio para mostrar o seu apoio aos traballadores de Ence. Dende a formación sinalan que o goberno central coa colaboración do BNG están poñendo en perigo a máis de 5 mil familias. Os populares presentarán unha moción na deputación en defensa dos postos de traballo.

O Partido Popular provincial de Pontevedra manifestouse en Poio a favor dos traballadores de Ence. Dende a formación sinalan que o traslado da pasteira suporá un prexuízo unicamente para os empregados, xa que tanto a empresa como os seus donos poderán situarse noutra localización. Os populares defenden un postos de traballo que xeran riqueza en toda a comarca.

A formación critica que o goberno central coa colaboración do BNG están poñendo e perigo o sustento de máis de 5 mil familias. Por iso, levarán unha moción ao pleno da deputación manifestando o seu apoio aos traballadores.

Os populares tamén matizaron que aínda que apoian aos traballadores de Ence non xustifican a violencia contra os concelleiros do goberno de Pontevedra. Advirten ao BNG que non aceptarán ningunha lección de democracia.

O Partido Popular pide ao BNG e ao Psoe que paralicen a tramitación da lei do cambio climático. Advirten de que en caso de que se aprobe, serán responsables de todos os postos de traballo que se perdan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí