A doazón chega ao Provincial cunha mostra feita polos máis pequenos

Pontevedra> Esta mañá o alcalde de Pontevedra asistíu a inauguración da exposición itinerante do V concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes. Unha cita na que participaron 350 escolares de toda a provincia e onde deixaron claro que todo español na actualidade é por lei doante por lei. 

 

350 escolares de primeiro de primaria e secundaria de toda a provincia de Pontevedra participaron no V Concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes. Unha cita moi importante, xa que segundo dixeron esta mañá dende o SERGAS, é fundamental inculcar dende pequenos na importancia da doazón. 

No tocante aos transplantes dende o SERGAS informaron esta mañá que neste 2016 estamos en cifras moi semellantes ao pasado ano. 

O ril é quizais o órgano máis demandado na actualidade, pero hai necesidade de todos. Dende o SERGAS tamén quixeron lembrar esta mañá que todo español é doante por real decreto salvo que teñan algunha anomalía ou enfermidade que este contraindicada. 

Esta exposición itinerante, á que asistíu como convidado o alcalde de Pontevedra, estará no Hospital Provincial para continuar o seu percorrido no Hospital do Salnés e rematar na cidade de Vigo no centro de Fátima. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/concurso_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/concurso.mp4{/flowplayer}