O Goberno Local sanciona con 626 euros á empresa encargada do alumeado de Nadal

Pontevedra> O voceiro do Goberno en Pontevedra anunciou esta mañá que o concello sancionará con 626 euros á empresa Iluminaciones Umia pola escaseza de alumeado no pasado Nadal. Unha rolda de prensa onde Raimundo González tamén informou de que a mesa de contratación deu luz verde ao contrato con Idades para o Servizo de Axuda ao Fogar. Un contrato que contará cun presuposto anual de un millón 424 mil euros.

626 euros, esa será a sanción que levará a empresa Iluminaciones Umia pola escaseza de alumeado no pasado Nadal, así o informou esta mañá o voceiro do Goberno Local Raimundo González.

Raimundo González tamén informou de que na mesa de contratación deuse luz verde ao contrato coa empresa IDADES para a xestión do Servizo de Atención ao Fogar por un periodo de 4 anos cun ano posible de prórroga.

Un prezo que se garante, mediante contrato durante os vindeiros 4 anos e o posible ano de prórroga. Dende o Goberno Local anuncian que se todo segue segundo o previsto a finais deste mes a empresa xa estará prestando o servizo de atención ao fogar. Un servizo para o cal dende o concello destina un total de un millón 424 mil euros anuais, coa prestación dun máximo anual de 92 mil horas, das cales 74 mil irán destinadas aos dependentes e entre 16 e 18 mil aos non dependentes.