O programa de emprego Poio#Integra busca a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos

POIO >  O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta visitou esta mañá o Centro de Formación A Reiboa. Este espazo acollerá durante os próximos meses un programa de emprego, que se denomina Poio#Integra.

Poio#Integra naceu co obxectivo de orientar e formar aos colectivos máis desfavorecidos e con dificultades á hora de encontrar un posto de traballo, e así conseguir a súa inserción laboral. Por iso, o Concello, en colaboración coa Xunta de Galicia, aplicará unha serie de medidas para a mellora da empregabilidade dos usuarios do programa.

Este proxecto inclúe diversas accións de orientación, formación, prácticas profesionais, fomento da capacidade emprendedora e inserción laboral.

O Concello de Poio recibiu unha subvención da Xunta de Galicia para levar a cabo este proxecto que se desenvolverá no Centro de Formación A Reiboa.

O programa conta co compromiso do Concello para conseguir a inserción laboral de máis do 40% das persoas que o integran.

 

 

Comments are closed.