A vía verde do Salnés podería estar lista no verán do 2019

VILAGARCÍA> Vilagarcía, Caldas e Portas avanzan no desenvolvemento da futura Vía Verde, unha ruta que vai transcorrer polas antigas vías do tren. Os tres goberno municipais reuníronse onte coa Xunta, para determinar que partes do proxecto vai asumir cada administración.

A sinatura do convenio entre Vilagarcía, Caldas, Portas a Xunta e a Deputación para a creación da Vía Verde do Salnés cada vez está máis preto. Os tres gobernos municipais veñen de manter unha reunión coa Xunta, en Santiago, para ir perfilando os detalles do acordo. No encontro debateuse que partes do proxecto vai asumir cada administración. A Xunta comprometeuse a estuda-la posible rehabilitación da ponte de ferro situada en Saiar, en Caldas. A decisión deberá tomarse en breve, porque -se todo vai segundo o previsto- as obras poderían comezar este mesmo ano.

O trazado desta ruta permitirá, ademais, poñer en valor moitos atractivos da zona. En total, a futura Vía Verde do Salnés percorrerá unha distancia de algo máis de 10 quilómetros.