Pontevedra acollerá en xuño o Campionato de Europa de Loita Junior

PONTEVEDRA> O Campionato de Europa de Loita Junior reunirá en Pontevedra arredor de 500 deportistas de 35 países o vindeiro ano. Con este evento, o concello da o salto ás competicións internacionais despois de ter acollido campionatos autonómicos e estatais da disciplina en tódalas categorías.

Esta mañá tivo lugar a  primeira reunión oficial do comité organizador do Campionato de Europa de Loitas Olímpicas Junior, que se celebrará en Pontevedra entre o 3 e o 9 de xuño de 2019. Despois de ter acollido campionatos rexionais e estatais, conséguese agora ser a sede da competición continental.

O evento deportivo reunirá no Pavillón Municipal a medio milleiro de deportistas de 35 países, ós que se suman adestradores e delegados, acadando a cifra de 800 persoas desprazadas á cidade.

No campionato disputaranse loita grecorromana e loita libre olímpica feminina e masculina. Cada un deste tres estilos divididos en 10 categorías de peso. Os loitadores, de 17 a 20 anos de idade, representan a antesala da categoría raíña.

O campionato retransmitirase en directo a través de internet pola federación internacional, polo que o alcance irá máis alá da promoción directa da cidade entre os participantes e acompañantes.

A Federación Española xa está preparando os equipos que competirán neste campionato, nos que haberá importante representación galega.