Cambados denuncia a mutilación xenital feminina

CAMBADOS> Cambados volve pór o acento na violencia machista. O salón de plenos acolle dende hoxe a exposición Erradiquemos a Mutilación Xenital Feminina, que a través de 35 obras denuncia a realidade que viven moitas nenas. A mostra pon o acento en que este tipo de prácticas están moito máis próximas do que pensamos.

35 ilustracións para denunciar a mutilación xenital feminina. Esta é a decoración que loce o salón de plenos de Cambados, que volve servir de altofalante dunha das múltiples expresións da violencia machista sobre a muller.

En España unhas 18.400 nenas están en risco de sufrir esta práctica. Outro dato alarmante: Pontevedra é a provincia galega na que máis mutilacións se realizan, segundo a Asociación Mulleres en Igualdade, responsable da exposición. Ata a semana que vén, esta situación denunciarase dende Cambados.

A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro mércores en horario de mañá. Despois, trasladarase ata Vilanova de Arousa.