O alcalde de Boiro presenta a Política Social o proxecto de residencia

BOIRO> O rexedor local, Xoán Xosé Dieste, valorou moi positivamente a reunión de traballo mantida co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. O encontro serviu amén para facer repaso dos distintos servizos autonómicos dispoñibles no municipio, entre os que se atopan o servizo de atención no fogar, que se veu incrementado no último ano nun vinte e cinco por cento. Na xuntanza tamén se abordou unha nova actuación de mellora da accesibilidade, na liña das que se viñeron desenvolvendo nos últimos anos, e que se prevé acometer de inmedato nun tramo da avenida de Compostela por un importe de preto dos 55 mil euros. O alcalde aproveitou o acto para presentarlle ó Conselleiro o proxecto de construción dun moderno centro de atención para persoas maiores na localidade. Unha iniciativa que resultou, segundo o rexedor, moi ben acollida por Rey Varela