Iria Pinheiro e David Cortizo convértense en guías do Museo nas Visitas Cruzadas

Pontevedra> Nova entrega das visitas cruzadas no Museo de Pontevedra, esta vez, os 50 afortunados que atoparon un oco nesta cita, tiveron a oportunidade de desfrutar da visión, diferente e divertida que sobre o museo teñen, a actriz Iria Pinheiro e o editor David Cortizo. Lembren que dende este luns xa se poden anotar, de balde, nas vindeiras visitas cruzadas, os protagonistas o domingo 22 de abril serán a presentadora Nieves Rodríguez e o editor Fran Castro.

Un domingo máis as visitas cruzadas penduraron o cartel de completo, en aproximadamente 10 minutos quedaron completas as inscrición para unha nova visita ao Museo. Ante tanta demanda, o público fai unha petición ao departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra.

Unha vista, a do pasado domingo, protagonizada pola actriz Iria Pinheiro, quen fixo unha visión intimista das obras do museo e recalcou a importancia do papel da muller nas pezas de arte deste centro da cultura da Boa Vila. Pola súa banda o editor, David Cortizo, levou ao seu eido estas visitas amosando unha obra vencellada coa narrativa, outra coa poesía e outra co teatro. Unhas visitas moi ben valoradas polos protagonistas das mesmas.

E unha visitas que encantan e enganchan ao público asistente.

Aínda teñen por diante dúas oportunidades para desfrutar destas visitas cruzadas. Dende este luns xa se poden anotar de balde na vindeira que será este domingo día 22 e contará coa presenza da actriz e presentadora Nieves Rodríguez e o editor Fran Castro.  As inscricións na páxina da deputación en gabinetedidactico.museo@depo.es