PONTEVEDRA> O ladrón de receitas é a innovadora experiencia gastronómica que acollerá o Gastroespazo de Pontevedra o vindeiro 11 de abril. O restaurante Icewolf da cidade trasladará a súa cociña ata o mercado para dar forma a unha proposta completa que combina gastronomía, narración e xogo. As inscricións abriranse mañá dende a web do concello.
Así comeza ‘O ladrón de receitas’. A innovadora experiencia gastronómica que o Mercado de Pontevedra acollerá o vindeiro 11 de abril.
Detrás desta proposta está o restaurante pontevedrés Icewolf. No ‘Ladrón de receitas’ mesturan gastronomía, narración e xogo.
En toda a sesión, o menú será o fío condutor que axudará a avanzar a historia. O obxectivo: seguir a pista dun misterioso ladrón e evitar que desapareza coas receitas roubadas.
Neste caso, o Icewolf conta coa colaboración do concello de Pontevedra. Convertendo o Gastroespazo no escenario desta aventura gastronómica.
‘O ladrón de receitas’ celebrarase o vindeiro 11 de abril. Haberá 24 prazas dispoñibles e os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto na web do concello de Pontevedra. Ademais, a intención do Icewolf é realizar novas sesións desta volta xa no seu restaurante da rúa de Dona Tareixa.











